Galicia

Monterroso estuda sumarse aos outros 8 concellos de Lugo que asumiron o copagamento dos medicamentos dos seus veciños

O Concello lucense de Monterroso estudará “tódalas posibilidades” para ver como asumir o copagamento de medicamentos hospitalarios para persoas con necesidade, sumándose aos de Riotorto, Mondoñedo, Ribadeo, A Pobra do Brollón e Monforte, Lugo, Pol e Pedrafita, todos na mesma provincia.

O alcade declarou que hai que facer un estudo económico para ver se esta posibilidade é real, ainda que subliñou que que a idea do Concello é “acudir en auxilio daquelas familias que teñen menos recursos. Estámolo a estudar e imos ver que medidas tomamos nese sentido”.

 

También te puede interesar