O alcalde declarou este xoves que o Concello iniciará a “ocupación directa” de dúas parcelas con edificacións na esquina de Pi i Margall con Tomás Alonso – o popular cruce de Peniche- e acometerá o derrubo de dous inmobles, que están en moi mal estado “producen un estreitamento importante na zona”.
Abel Caballero asegurou que o Concello asumiu a titularidade dos terreos e, no prazo dun mes, empezará a demolición para facer un “novo ámbito”, cunha rotonda, “entre estas catro importantes rúas”.
Ademáis, indicou o alcalde, o concello aprobou a modificación da humanización da rúa Menéndez Pelayopara eliminar un “calexón” situado no medio da vía o que suporá a ampliación do entre o número 13 e 15, cun convenio de cesión gratuita de propietarios. Segundo os técnicos trátase dunha obra de grande complexidade dado que hai uns muros de contención, con edificios aos lados, que obrigarán a retrasar o remate da obra ata finais deste ano.