Galicia

Milleiros de personas maniféstanse en Compostela ‘polo emprego’

Dous milleiros de personas atenderon este sábado á convocatoria da Confederación Intersindical Galega (CIG) e acudiron á manifestación convocada en Compostela ara esixir “medidas contra o paro” e que o Goberno galego “deixe de mirar para outro lado mentres amplos sectores da sociedade padecen situacións realmente dramáticas”.

Baixo o lema ‘Sen emprego non hai futuro’ a concentración é parte da campaña ‘Cen medidas polo crecemento económico’, que a central iniciou hai semanas e que está a percorrer toda Galicia propoñendo “outras políticas que favorezan a creación de emprego e a reactivación económica”.

Segundo o secretario xeral da CIG, o emprego é hoxe o principal problema do país xa que “milleiros de homes e mulleres viven nunhas condicións económicas que as achegan a unha situación de pobreza e exclusión social”. Segundo salientou Suso Seixo, a eles súmanse “@s galeg@s maís nov@s que teñen que emigrar, a caída en picado dos salarios e unha precarización xeral das condicións laboráis”.

Seixo incidiu no feito de que son posibles outro tipo de políticas que favorezan a creación de emprego e que é a Xunta quen “ten que deixar de mirar a outro lado e botarse froles mentres moitos cidadáns están pasando situación anguriosas”. Na súa opinión non é certo que a única alternativa sexan os recortes a a austeridade, “nos temos outras propostas” que levarán, en forma de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) ao Parlamento de Galicia.

 

También te puede interesar