A Asemblea de Estudantes de Vigo (AEV), ven a convocar unha cadea humana contra a coñecida como a ‘Lei Wert’, -#CadeaHumanaContraALOMCE – este martes, 22 de outubro, ás 12:30 en fronte do Alcampo de Coia ata a Praza América. Segundo os organizadores, “o noso obxectivo é facer un forte chamamento á folga xeral educativa do xoves 24, que tamén inclúe a pais, nais e profesorado na súa convocatoria, involucrando aos moitos viandantes da transitada rúa de Castelao e da Praza América. Queremos facer partícipe a toda a cidadanía dos problemas do sistema educativo, que nos afectan a todos e todas”.
O lugar elixido, en Coia, atópase preto dun gran número de institutos, a cuxos alumnos aq AEV quere involucrar na iniciativa, como o Alexandre Bóveda, Álvaro Cunqueiro, Santa Irena, San Tomé, Politécnico ou o Do Castro.
A Asemblea de Estudantes lembra que o seu obxectivo é a desaparición da LOMCE, “unha lei educativa segregadora, clasista, mercantilista, e non pactada coa comunidade educativa”. Baixo o lema “Educación pública, de calidade, laica e universal” secunda, así a convocatoria do xoves -#24O folga xeral no ensino-.