Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másFreiremar despedirá a 99 dos 114 empregad@s que ten en Vigo e a 338 d@s 438 de todo o Estado
O preconcurso de acreedores presentado en setembro por Freiremar afecta a sete das once sociedades que conforman o grupo a nivel estatal e a un total de 14 delegacións comerciais en 14 provincias diferentes. Segundo informou este luns o responsable da Confederación Intersindical Galega (CIG), no que respecta ao emprego, “a empresa pretende desfacerse de 338 dos 438 empregados, deixando fóra unicamente os 75 tripulantes dos oito barcos que integran a súa flota e os traballadores das plantas de Lanzarote e Tenerife”.
O representante do sindicato nacionalista, que participou o xoves a Madrid na primeira xuntanza da mesa de negociación, na que a CIG ten tres representantes, alertou de que ,no caso de Vigo, veríanse afectados 99 dos 114 operarios e suporía o “desmantelamento da planta de elaborados, do frigorífico, da sección de fresco e do departamento comercial. Desaparece a fábrica, polo que a empresa queda practicamente liquidada na cidade”.
Deste xeito, a única planta de elaboración que sobreviviría sería a de Canarias -a pesar da redución do 60% do persoal -, xa que nos plans de Freiremar tamén entra o peche da situada en Valencia.
Ante estas novas, a federación de Alimentación da CIG adiantou hoxe que “aposta pola mobilización social para evitar o desmantelamento do grupo de empresas Freiremar”, a cuarta pesqueira, en tamaño, do Estado.
Xosé Fernández Piñeiro subliñou que serán os traballadoresos que decidan o calendario de protestas, na asemblea convocada o vindeiro sábado, e advertiu que a CIG só se amosaría disposta a negociar algún axuste no cadro de persoal no caso de que se garanta a permanencia do proxecto industrial, ao tempo que anunciou que presentarán alegacións á intención da empresa de eliminar totalmente centros de traballo como os de Bilbo, Alacante, Barcelona ou Madrid.