Sucesos

Morre un mozo de 17 anos logo de ser alcanzado por unha bala na cacería dun xabarín

O rapaz participaba nunha batida de xabarín xunto cun irmán maior de idade, nos montes da paroquia lucense de Ribas de Miño. A vítima recibiu o impacto dunha postaprocedente do rifle dun compañeiro da cuadrilla.

Ao parecer, o proxectil rebotou no chan, probablemene nunha pedra, e alcanzou ao mozo, que faleceu no monte antes de que puideran trasladalo a un centro sanitario.

O cadáver foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti para practicarlle a autopsia.

 

You may also like