O corpo sen vida da muller de 86 anos que desapareceu no concello da Estrada foi atopado este mediodía nunha zona próxima ao lugar no que vivía, canda un sobriño, en Souto de Abaixo.
A anciá tiña a teima de volver a Portela, o lugar no que pasara a maior parte da súa vida, e con esa pista os investigadores daban por feito que saíu da casa na que os seus familiares a acolleran hai pouco máis dun mes.
Garda Civil e efectivos da Protección Civil, incluída a unidade canina de rescate, buscaban nos arredores de Souto a muller, que padecía Alzheimer, e cuxa desaparición denunciaron o martes sobre as 14 horas os seus familiares .