Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA plataforma SOS Xustiza, nace en Vigo para defender o dereito cidadán á tutela xudicial
Denunciar as reformas lexislativas que alonxan aos cidadáns do seu dereito a tutela xudicial efectiva e que o impiden aceder á Xustiza, “vulnerando os seus dereitos” , defendendo a mesma coma un “servizo público”. Ese son parte dos motivos da creación do Colectivo ‘SOS Xustiza’, que empeza a andar en Vigo pero que ten covación de espallarse a outras cidades e lugares dentro e fora de Galicia.
Esta nova “plataforma cidadá” coma a definiu a súa presidenta, Yolanda Aguiar, e que está integrada xa por preto de 500 personas, “non so vencelladas ao mundo do dereito”, xurde do eido mobilizacións organizadas contra medidas do Goberno como a nova lei de taxas – o coñecido ‘Tasazo’ -ou a “privatización” do rexistro civil que, segundo denuciou Aguiar, “son parte das medidas que levan a un cambio no modelo de Estado” no que, lembrou, “non haberá dereitos se non é posible aceder á xustiza”.
A presidenta do novo colectivo salientou que hai reformas do Goberno que están a “superar unha liña vermella que non deberían traspasar, perxudicando aos sectores máis vulnerables”, -reiterando como exemplo a lei de taxas ou os anunciados cambios no Rexistro Civil, “que o levan á súa privatización”– como sinala o recorte “de máis do 2% nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2014” que, sinalou, non cumpren nin co “anunciado espítito do cobro de novas taxas xudiciais que, no seu día o ministro Gallardón dico que era para pagar a Xustiza Gratuita que, sen embargo, ten a súa asignación conxelada”.
A plataforma realizará estudios sobre os diversos proxectos lexislativos do Goberno -o primeiro será sobre a Lei de Demarcación e Planta Xudicial-, organizará charlas e participará en mobilizacións. De feito, acudirá ás protestas contra a nova lei de taxas convocadas para o próximo día 20.
Na presentación da plataforma tamén participou o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, quen considerou necesario que o Goberno “escoite a todas as profesións xurídicas e aos cidadáns”, engadiu que os preitos de consumo serán os “preitos do século XXI” e avogou por “adecuar” o proceso actual para que deixe de ser o preito tradicional de conflito individual.
Varela, referiuse á Lei de Demarcación e Planta e apostou por “contribuír ao debate”, defendendo a súa postura de que a Xustiza non só estea centralizada en capitais de provincia senón que tamén exista acceso a ela en cidades como Vigo, Santiago e Ferrol.