A lo menos 48 casas terán moita mellor pinta da que presentan hoxe. O tenente e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, un para rehabilitar a fachada marítima do Berbés, que inclúe actuacións en 48 inmobles. Os conclleiros salientaron tamén que o plan pon á disposición dos propietarios unha liña de axudas de 120.000 € , compatibles con outras subvencións localis, para facer fronte ás obras.
Santiago Domínguez explicou que por primeira vez o Concello de Vigo pon a disposición dos propietarios un estudo individualizado para cada edificación, encargado pola Tenencia de Alcaldía. Indicou que o estudo inclúe fichas de cada edificio que indican cales son as obras que hai que acometer en cada un deles e cómo.
As casas que dan ao mar
O proxecto abrangue todas as casas que dan á fachada marítima: o número 69 de Teófilo Llorente, os números 47, 49, 50, 51, 52, 53 e 54 da rúa Real, do 1 ao 47 na Ribeira do Berbés e os números impares do 17 ao 57 da rúa San Francisco. En total os edificios ocupan unha superficie de actuación de 6.360 metros cadrados.
As actuacións contempladas no estudo, dirixiránse a manter as fachadas e cubertas en axeitadas condicións estruturais e de ornato. Domínguez indicou que seguen criterios estéticos para homoxeneizar a imaxe e recuperar o ambiente e tipoloxía tradicional da ribeira. Ademais, tamén se inclúe a limpeza de fachadas e tellados, a elliminación de elementos que non son acordes co contorno, así como a substitución de carpinterías de aluminio ou metálicas por outras de madeira, a liminación de peches metálicas e peches de plástico, tendedeiros, antenas e cartelerías.
Neste sentido, e en resposta aos medios, o concelleiro de Patrimonio Histórico, engadíu que os criterios de actuación teñen como referenza o Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello, polo que asegurou que son “pouco discutibles porque están recollidas na lei” e se trata dunha zona catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC).
Quedan fóra do plan os inmobles que carecen de fachadas, coma os números 11, 13 e 15, porque está en tramitación a súa reconstrución por iniciativa privada, e os números 29-31, que ten que ser reconstruído na súa totalidade. Sinalou que para estes edificios proporase a colocación dunha lona, ata que se inicie o proceso de recontrución.
1.200.000 € que repartiránse en axudas de 4.500 a 77.000 €
No tocante aos gastos que supoñen as obras, o tenente de alcalde informou de que o custe total do programa nos 48 edificos é de 1,2 millóns de euros. Indicou que as fichas de cada edificio recollen propostas de actuación que oscilan entre os 4.510 e os 77.362 euros. En resposta aos medios sobre o prazo para solicitar as axudas, Eudosio Álvarez indicou que a partir do mes de abril os propietarios xa poderán solicitalas e no que atingue ao prazo de execución das obras, o concelleiro explicou que “non conlevan un prazo superior aos catro ou cinco meses“.