Estará en el antiguo edificio de los juzgados, que se reformará completamente
Leer másCultura organiza contacontos e outras actividades lúdicas na Semana da Tradición Oral
A Consellería de Cultura conmemora a Semana da Tradición Oral, que este ano se celebra, con contacontos e outras actividades lúdicas.
A biblioteca pública González Garcés, de A Coruña, cita os máis pequenos o sábado, 9 de novembro, a unha sesión a cargo da cuentacuentos Gemola. Durante a actividade, achegarase aos asistentes á tradición oral a través de distintos seres de lendas galegas.
En Santiago de Compostela, a biblioteca pública Ánxel Casal organizou un maratón de Tradición Oral no que participarán alumnos dos centros CEIP Apóstolo Santiago e CEIP de Vite. Un total de 140 alumnos de educación primaria formarán parte desta iniciativa para narrar oralmente contos tradicionais, ditos e refráns, entre outros.
Ao final da xornada, Carina Fernández, directora da biblioteca Ánxel Casal, entregará aos centros participantes un lote de libros e un diploma acreditativo de participación.