Galicia

Os alcaldes de Vigo e Porto esixirán o cumprimento dos plazos do AVE entre as dúas cidades

O alcalde e o seu homólogo de Porto, Rui Río, acordaron hoxe nunha comida na cidade portuguesa, liderar a reivindicación do tren de alta velocidade no eixo Vigo-Porto perante os Ministerios correspondentes. Na xuntanza, Río e Caballero coincidiron en facer un seguemento activo da alta velocidade ao considerar que éste “é un tema central para as dúas cidades e por extensión para Galicia e o norte de Portugal”. 

 Así o asegurou Caballero tras o encontro no que constatouse a vontade de potenciar a liña que permitirá que a alta velocidade artelle todo o territorio da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal. De feito, trasladará esta vontade ao Secretario de Estado de Infraestructuras, Víctor Morlán, na visita que realizará mañán  a Vigo. Pola sú banda, Ruí Río plantexará o tema ao Primeiro Ministro portugués, José Sócrates, o vindeiro día 13 de marzo.

Pulo ao Eixo Atlántico

Outro dos temas abordados na xuntanza de traballo foi a de potenciar o Eixo Atlántico que, segundo explicou Caballero “ven de sufrir un ano de crise importante”. O alcalde vigués, que asumirá a presidenza rotatoria do Eixo nas vindeiras semanas, iniciará unha rolda de reunións cos alcaldes das cidades que integran este organismo, empezando mañá co presidente da Cámara Municipal de Gaia e seguindo cos mandatarios das cidades máis importantes de Galicia incluidas neste espacio xeográfico.

ruí río

Te podría interesar