Vigo al minuto

20.000 pasaxeiros no tren ‘Celta’, Vigo-Oporto, de xullo a outubro

O dato, difundido por Comboios de Portugal – e ratificado por organismos españois, entre eles o Eixo Atlántico- supón, en opinión dos seus responsables, a confirmación desta liña férrea, a constatación da súa viabilidade económica, e a proba da oportunidade da posta en marcha, no 2016, da conexión Ferrol –Lisboa.

Hai que lembrar que o novo servizó, que recorta paradas e máis dunha hora de viaxe, tivo nestos meses 5.000 pasaxeiros máis que a anterior, que detiase ate 14 veces e, o último ano de funcionamento foi empresgada por algo máis de 15.000 viaxeiros.

Segundo os responsables do Eixo Atlántico, este número de usuarios podería aumentar en máis dun 50% cando sexa posible enlazar Vigo e Oporto en hora e media, o cal será factible logo da electrificación do tramo Braga- Valença, o cal permitirá chegar a Lisboa en menos de 4 horas.

 

 

También te puede interesar