Así o ratificou unha auditoría externa realizada no Centro de Atención ás Emerxencias 112-Galicia que subliñou a “eficiencia e solidez” do seu sistema de control e xestión. Os auditores comprobaron o “rigor e a profesionalidade” coa que se asumen as tarefas propias deste servizo e valoraron a “preocupación constante” da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) por superar todos os índices de calidade previstos.
Como puntos fortes, os examinadores salientaron a formación continua, a actualización da plataforma telefónica, a implantación de novos sistemas de control do grao de satisfacción dos usuarios e a participación do servizo en proxectos europeos para a mellora da comunicación con persoas con minusvalideces auditivas.
Novas relacionadas: 061: se precisas axuda e queres a mellor atención, chámalles