Segundo informa a Deputación, a estrada provincial EP-3302 Tui-A Guarda permanecerá cortada ao tráfico entre os días 19 e 21 de novembro, entre os kilómetros 1 e 1,9 por mor das obras de construcción sobre ela da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda, treito II, enlace de Goián-Enlace de A Guarda.
A Deputación autorizou o devandito corte despois dunha solicitude realizada pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPI) para proceder na citada vía de alta capacidade á pavimentación, balizamento e sinalización da mesma.
A Deputación impuxo varias condicións ao corte de tráfico: que previo ao corte, sexan debidamente sinalizados os desvíos alternativos de tráfico; que se permita o acceso a vivendas e propiedades situadas entre os mencionados kilómetros; e que se manteña en axeitadas condicións de seguridade vial a circulación no resto da estrada.