Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia requisaron 963 quilos de distintas especies de peixes e mariscos, así como 273 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados nas rías de Pontevedra e Arousa. O máis destacado das actuacións foi o comiso de case 353 quilos de centola, especie que se atopa en veda ata este domingo, segundo informa a Xunta.
As actuacións saldáronse ademais co comiso de: un total de 232 quilos de nécora, 42 quilos de camarón, 37 quilos de polbo, case 26 quilos de navalla, 168 quilos de ameixa, 49 quilos de ostra, 38 quilos de zamburiña e máis de 17 quilos de berberecho macho.
Doutra banda, os axentes do Servizo de Gardacostas, xunto coa Policía Autonómica incautaron un total de 273 aparellos de pesca. Así, se requisaron un total de 27 salabardos, 88 nasas e 158 cacharros de polbo sen identificar.