Un home faleceu ese mediodía en Vilagarcía despois de que a furgoneta na que viaxaba como copiloto se saíse da vía. O condutor foi trasladado grave ao hospital. Ningún dos dous levaba o cinto de seguridade posto.
Esta nova vítima mortal prodúcese no día en que, en diferentes cidades – A Coruña e Vigo entre elas- lembran aos falecidos nas estradas: cada día unha media de cinco persoas perden a vida nas estradas españolas.