Comarcas

Este mércores, folga de estudantes contra a ‘Lei Wert’

Os estudantes galegos están convocados este mércores a unha folga nos centros educativos, coincidindo coa votación no Senado da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce). O paro –que será secundado con manifestacións ao mediodía en toda Galicia (Vigo, Praza de América)-coincide cun día de protestas en todo o Estado contra a ‘Lei Wert’.

O Sindicato de Estudantes chama á folga ao alumnado de todas as etapas educativas co fin de “denunciar xa non só a aprobación da reforma educativa, senón os recortes en materia de Educación, incluídos os aplicados sobre as bolsas Erasmus” e a retirada, ademáis do decreto de bolsas e o decreto de comedores da Xunta, e “rexeitar a obrigatoriedade da relixión católica no ensino público”.

En apoio á este paro, un grupo de alumnos pechouse en Peritos, en Vigo, durante esta noite organizando diversas actividades informativas como anticipo á protesta.

 

También te puede interesar