_agenda Agenda

O Ano Xacobeo máis escuro, en Tui

Nun mes, máis de 2.600 espectadores xa puideron disfrutar de ‘As actas escuras’, unha obra ambiciosa de Vidal Bolaño interpretada polo Centro Dramático Galego con 14 actores no escenario dirixida por Xulio Lago con vestiario de La Canalla. Gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992, a obra representarase esta noite (21:30 h) no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui.

Un drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo. Sitúase nun Ano Santo no século XIX, cando se poñen a andar unhas escavacións na procura da tumba do Apóstolo desaparecida 400 anos antes, pero tamén fala doutros temas coma os malos tratos, a consideración social da muller, a liberdade de culto e de ensinanza.

Á riqueza do texto hai que engadirlle o elevadísimo nivel do elenco electoral, encabezado por Xosé Manuel Olveira ‘Pico’ e Ricardo de Barreiro. Xogando cos xiros de varios paneis móbeis, o espazo escénico e o atrezzo deseñados por Rodrigo Roel facilitan os rápidos cambios de escena e ambientación que guían ao espectador nun percorrido pola cidade: a vella estación de Cornes, unha fonda, o café El Siglo, un salón de barbeiro, os sotos da catedral, os salóns do palacio arcebispal…

As localidades para a función estarán á venta na billeteira do Teatro Municipal hora e media antes da actuación e custarán entre 5 e 7 euros, aínda que poden conseguirse de xeito anticipado na web.

Te podría interesar