Comarcas

Concentracións en todo o país contra as taxas xudiciais

Coincidindo co “triste primeiro aniversario da lei de taxas” a Plataforma SOS Xustiza, o Consello da Abogacía e outras institución, convocaron este mércores unha protesta contra “tan inxusta medida que afasta, aínda mais, a xustiza dos cidadáns e sobre todo institucionaliza unha ‘xustiza de ricos’ e otra do resto”.

Na opinión destos colectivos, as “astronómicas” cantidades que se esixen á maioría dos cidadáns para interpoñer gran parte de reclamacións en vía xudicial fixeron que se reduza de forma drástica o volume de asuntos nos Xulgados e Tribunais, “especialmente nos da orde civil e contencioso administrativo”.

Segundo a estadística do Consello Xudicial do Poder Xudicial, en datos nacionais, o número de demandas civís contenciosas presentadas nos Xulgados de 1ª Instancia ou de 1ª Instancia e Instrucción -excluíndo as de familia, que, polo xeral non pagan taxas- reduciuse no primeiro semestre deste 2013 respecto ao ano 2012 nun 11,15%; presentáronse 568.496 demandas, fronteás 639.870 do pasado ano, “é dicir, máis de 70.000 cidadáns deixaron de formular demandas nun só semestre”.

Nos Xulgados do Contencioso-Administrativo ten pasado de 67.518 recursos no primeiro semestre de 2012 a 56526 neste ano, 10992 menos; a redución foi de 16,28%.

Cifras “tamén escandalosas” danse nos asuntos resoltos en 2ª Instancia polas seccións civís das Audiencias Provinciais cunha redución do 27,46%, pasando de 50.837 a 37.931, en total, 12.906 menos; un 17,09% de redución de asuntos contencioso-administrativos en única instancia nos Tribunais Superiores de Xustiza, e un 21,74% menos de recursos ante estes tribunais; un 23,04% de redución nas salas do social dos mesmos, ou un 49,72% menos de asuntos en única instancia na sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional.

 

También te puede interesar