Cultura Vigo al minuto

Os vigueses Fran Araújo, co-director de ‘El Rayo’, e o actor Alfredo Rodríguez, premiados no Festival de Cine de Ourense

A película ‘El Rayo‘, codirixida polo vigués Fran Araújo con Ernesto de Nova, gañou o Premio Especial do Xurado da 18 edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense (Ouff), mentres que ‘Paradis perdu’ se erixiu co premio á Mellor Película e Mellor Intérprete e ‘Innocents’ al Mellor Guión, segundo se recolle no palmarés do certame do que se deu lectura este sábado.

Non foi a única presenza viguesa na entrega de premios, xa que tamén o actor Alfredo Rodríguez, protagonista da película ‘El triste olor de la carne’, recibiu unha Mención Especial do xurado polo seu traballo neste filme dirixido polo chileno Cristóbal Arteaga, afincado en Vigo.

Pola súa banda, ‘Offline’ resultou premiada polo público e tamén polo xurado co galardón ‘Carlos Velo’ ao mellor director para Peter Monsaerti, nunha xornada na que se clausura este festival de Ourense coa proxección de Mir, do director ourensano Gonzalo G. Palmeiro.

Fran Araújo e Ernesto de Nova aseguraron que consideran o galardón algo moi especial “pola valentía que supón que un xurado premie unha película pequeniña” como esta e “situada no territorio de mestura de xéneros, polo que a súa valoración ten máis interese” para eles, segundo Araújo.

De Nova remarcou que o festival de Ourense é o primeiro no que a súa película compite na sección oficial e informou de que a súa próxima presentación será en Dubai. Deste modo, o xurado do OUFF recoñeceu a “mestura de xéneros” de ‘El Rayo’.

 

También te puede interesar