Vigo al minuto

A Xunta aproba destinar 65.000 € a colectivos de mulleres de Vigo

A Secretaría Xeral de Igualdade concedeu a 15 colectivos de mulleres e asociacións de nais e pais de alumnos (Anpas) preto de 65.000 € para fomentar a participación das mulleres e «promover actividades extraescolares que permitan a conciliación da vida familiar e laboral”.

Así trasladouno a delegada territorial da Xunta en Vigo durante unha visita a un dos colectivos beneficiados cunha das axudas, a ‘Asociación Faraxa’, unha organización que conta, ademais, cun convenio de colaboración coa Administración galega para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e trata con fins de explotación sexual.

Con estas axudas, informou, pretenden financiar actividades e contribuír ao funcionamento das asociacións de mulleres e que as Anpas poidan organizar actividades relacionadas coa promoción e fomento da igualdade.

Desta forma, tal e como indicou o departamento de Igualdade, Vigo recibiu en 2013 ao redor de 400.000 € destinados ao fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.