Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
315 Afectados polas Preferentes de NGB aceptaron un dos 1.234 acordos xudiciais que ofreceulles o banco
Novagalicia Banco ofreceu 1.234 acordos xudiciais a Afectados pola compra de Preferentes e Subordinadas, que presentaron demanda e, deles, 315 casos xa remataron todo o proceso e recuperarán o 100% da inversión –un 25%-.
Segundo informa a entidade nun comunicado, estos 315 clientes que asinaron xa os acordos “reciben unha cantidade similar á que obtivesen en caso de arbitraxe”: o 100% do nominal invertido, descontando o diñeiro xa recuperado polo cliente coa venda de accións, e a diferenza entre o interese cobrado e o que correspondería a un depósito.
NGB – que terá novo dono antes de finais de ano-subliña que segue “traballando na vía dos acordos xudiciais” e analiza a documentación presentada nas demandas “por se houbese datos relevantes” para probar que o perfil e as circunstancias dos clientes “non eran as adecuadas para adquirir” produtos híbridos.
Así mesmo, NCG indica que, á marxe da arbitraxe e os acordos xudiciais, os xulgados emitiron ata o momento un total de 677 sentenzas por este tipo de productos: delas, 261 – o 38%- son a favor do banco ou son renuncias do cliente, e 416-o 68%- condenan á entidade.