Ciencia y Tecnología

Segundo datos oficiais, máis da metade d@s galeg@s con minusvalidez non ten axudas na súa vida cotiá

Así o sinala a ‘Enquisa Integración Social e Saúde’ do Instituto Nacional de Estatística (INE) que, entre outros datos, indica que no conxunto do Estado, o 50,4% por cento das persoas con minusvalidez asegura non ter axudas persoais e técnicas para poder participar en actividades cotiás, unha circunstancia que é máis habitual entre as mulleres (53,2%) que entre os homes (46,8%).

As comunidades autónomas onde máis poboación con minusvalidez declara falta de axudas son Murcia (60%), Cataluña (56,7%), Islas Baleares (53,4%) e Andalucía (53,3%). Por idades, a ausencia destas axudas é indicada polo 41,4% das persoas de 15 a 44 anos e o 59,3% dos maiores de 74 anos. Por tipo de axuda, o 40,9% sinala a falta de asistencia persoal e o 39,5% de axudas técnicas e tres de cada dez din necesitar ambos os dous tipos de axuda.

En canto á prevalencia da minusvalidez, a enquisa do INE apunta que Galicia presenta unha taxa do 17,6%, por enriba da media estatal (16,7%) en canto a persoas de 15 e máis anos e sitúase como a quinta comunidade con maior ratio.

As comunidades autónomas que presentan maiores taxas de poboación que declara minusvalidez son Andalucía (19,8%), Rexión de Murcia (19,6%), e Principado de Asturias (19,1%), mentres que Aragón (12,6%), Islas Baleares (12,9%) e Comunidade Foral de Navarra (13,6%) son as que menos.

Segundo a enquisa do INE, a poboación con minusvalidez caracterízase por unha maior presenza de mulleres -seis de cada 10- e de persoas de idade avanzada -case a metade son maiores de 64 anos-. O 7,7% naceu no estranxeiro, mentres que esta porcentaxe é a dobre entre as persoas sen minusvalidez -15,3%-.

O cuanto ao nivel de formación, na poboación con minusvalidez de 15 a 64 anos obsérvase unha maior porcentaxe de persoas con estudios secundarios de primeira etapa ou inferiores (66,6%) que na poboación sen minusvalidez (44,2%). Os estudios superiores tamén teñen menos peso nas persoas con minusvalidez de 15 a 64 anos que no resto (14,5% fronte ao 31,7%).

 

También te puede interesar