A Seguridade Social rexistrou en novembro un descenso medio de 4.572 afiliad@s respecto a outubro en Galicia, de xeito que o total de ocupad@s se situou en 916.760 ao finalizar o mes, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A caída dende novembro de 2012 foi de 18.682 cotizantes, o 2%.
Por provincias, a que máis afiliad@s perde é Pontevedra, 2.825 – un 0,9% en relación co mes anterior- en Lugo o número se reduciu en 1.015 en Ourense baixou en 575 e en A Coruña en 157.
Por réximes, os afiliados en Galicia ao sistema concéntranse no apartado xeral (679.887), seguido do de autónomos (214.285) e mar (22.588). No que se refire ao réxime xeral, 648.322 afiliados son do ámbito xeral; 4.216, do sector agrario e un total de 27.349 correspóndense co do fogar.