Galicia

500.000 desprazamentos por estrada en Galicia esta ponte da Constitución

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé uns 500.000 desprazamentos na rede viaria de Galicia durante a operación especial da Constitución e Inmaculada 2013, que comezará este o venres e que terá un operativo dende as 3 da tarde ate as 12 da noite do domingo.

As estradas con maior intensidade de tráfico nesta operación será a AP-9, A-6, A-52, A-55, N-550 e N-634.

En concreto, a DGT advirte dunha ducia de puntos conflitivos por afluencia de circulación na provincia de A Coruña: AC-12 e AC-11 nos accesos á capital; AG-11, no entroncamento da N-550 e o acceso á AP-9 en Padrón; N-550; N-651; AP-9; A-6; AC-552; AC-173; AC-543; AG-55 e AC-550.

Mentres, na provincia de Ourense prevense tres puntos conflitivos por circulación na N-120, N-525 e a OU-540; outros dous en de Pontevedra, A-55 e A-52; e ningún na de Lugo, ainda que podería haber aínda máis problemas por xeo e neve, polo cal se aconsella consultar a web de Tráfico.

 

También te puede interesar