Vigo al minuto

SOS Xustiza advirte que a nova Lei de Seguridade so pretende que “a xente teña medo” e non proteste

A plataforma SOS Xustiza difundiu este xoves o seu rexeitamento á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, xa que, indicaron os seus representantes, “supón o espolio dos dereitos cívicos, provoca inseguridade xurídica e so pretende controlar aos cidadáns”.

En rolda de prensa, a presidenta deste colectivo subliñou que a lei non é constitucional senon máis propia dun “réxime ditatorial”.Yolanda Aguiar advertiu que a norma está feita para que “a xente teña medo”, e para iso aproveita a difícil situación económica na que están moitas personas, “a Administración se protexe a si mesma e busca que a maioría silenciosa sexa cada vez máis numerosa e máis silenciosa”.

SOS Xustiza denuncia, ademáis que a lei xera “inseguridade xurídica porque utiliza termos indeterminados, como o de ofensa a España, ás institucións,” que non están explicados e, subliña que, con ela, algunhas infraccións penais pasan a ser administrativas, o que significa que os delitos xa non terían presunción de inocencia, senón “presunción de culpabilidade: non teñen que demostrar a túa culpabilidade, senón que ti tes que demostrar a túa inocencia”.

Por último, os representantes de SOS Xustiza indicaron que non se regularán as sancións en relación aos ingresos económicos, senón que todas as persoas pagarán a mesma cantidade e, ademais, cando se faga uso do “pronto pagamento” non se poderá recorrer á administración de forma gratuíta, como ata agora, senón que só se poderá ir aos xulgados, o que implica que “directamente non deixan recorrer”.

 

También te puede interesar