Catro trabaladores, de entre 44 e 54 anos, sofren feridas logo de que este sábado, pasadas as 10 da mañá, estoupase unha caldeira na fábrica de tableiros Intasa, no concello de San Sadurniño.
Os homes presentaban queimaduras e lesións causadas polo vapor da caldeira. Ate o lugar desplazouse a Garda Civil e personal médico do centro de saúde de San Sadurniño que atendeu aos feridos antes de que fosen levados ao Hospital Juan Cardona.