Vigo al minuto

Os veciños de Teis denuncian que segue a rotura de tubaxes e esixen a execución do Plan Aquialia

Rotura dunha tubaxe, na Avenida de Galicia, o xoves pasado

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse hai quince días por escrito á Concellaría de Fomento, solicitando información sobre a execución do plan de inversións de Aqualia para 2013 en Teis, “sen recibir, ate o de agora, ningun tipo de resposta”, segundo indica a asociación-

Hai que lembrar que o pasado 31 de xullo anunciábase por parte da Concellaría unha serie de investimentos para este ano 2013 na renovación das redes na cidade, que incluía ao barrio de Teis, en concreto a “rúa Boan, Avenida de Galicia, Avenida da Mariña, Camiño Cancelo e a rúa Oliveira de Abaixoindicando que as obras comezarían no mes de outubro e finalizarían no mes de decembro deste ano. Sen embarco, subliñan os veciños, “a realidade que é nestes intres só comezaron os traballos na rúa Boan o pasado mes de novembro”.

A Asociación, demanda a renovación das redes de abastecemento de auga e saneamento nalgunhas rúas e camiños do barrio, debido ao seu mal estado de conservación, o que provoca continuas roturas e molestias a veciñanza, corte no abastecemento de auga ou danos nas vivendas, denunciamos que continúan as roturas, a última este xoves na Avenida de Galicia cun corte no abastecemento de auga, habituais nela, precisamente unhas das rúas que figura no plan de inversións de Aqualia 2013”.

Por elo, a Asociación Veciñal “esixe o cumprimento do plan de inversións de Aqualia para 2013 en Teis presentado publicamente. O goberno municipal debe preocuparse do cumprimento e execución dos anuncios e de facer menos propaganda”, indican os seus responsables que salientan que, de cara ao futuro, o mesmo deberá contemplar actuacións na rúas do barrio, que non figuran no plan de Aqualia, como “Campa, Gerardo Campos Ramos, Subida a Ponte, Doutor Corbal, Travesías da rúa Espiñeiro, Purificación Saavedra e Amieiro”.

 

También te puede interesar