Comarcas

Calvos de Randín pecha a semana con 10 baixo cero mentres que o luns seguirá o sol e o frío

O Concello ourensán de Calvos de Randín rexistrou na madrugada deste domingo, 8 de decembro, a mínima de Galicia con -10 graos, segundo informa MeteoGalicia.

Tras esta localidade, as menores temperaturas foron: Verín (-9 graos), Xinzo (-8 graos), Sarria (-7 graos), Vilalba (-7 graos), Bóveda (-7 graos), Vila de Cruces (-4 graos), Arzúa (-4 graos), Carballo (-3 graos) e Mondoñedo (-2 graos).

Este domingo, as temperaturas mínimas sufriron un descenso, deixando de novo xeadas xeneralizadas en toda Galicia, mentres que as máximas non experimentan cambios significativos.

Empezaremos a semana baixo a influencia dun anticiclón centrado en Francia o que deixará ceos pouco anubrados ou despexados, con nubes altas durante a tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas, de xeito que as máximas corresponderán a Vigo con 16º (5 de mínima) e Pontevedra, con un grao menos, as mínimas as sufrirán en Lugo, con un grao baixo cero, e Ourense con 0 graos, unha tendencia que seguirá o martes no que sí haberá un lixeiro aumento das temperaturas mínimas.

 

También te puede interesar