Galicia

1,6 millóns de desprazamentos nas estradas galegas este Nadal

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé uns 1,6 millóns de desprazamentos na rede viaria de Galicia na operación especial de Nadal, que abrangue dende este venres, 20 de decembro, a te o 6 de xaneiro de 2014.

O operativo desenvolverase en tres fases. A primeira, a de Nadal, prolongarase do 20 ao 25 de decembro, na que se prevén uns 5,6 millóns de desprazamentos nas estradas españolas, o 11% nas galegas.

Na segunda, a de Fin de Ano, a DGT calcula que haberá uns cinco millóns de movementos na rede viaria de España entre o 27 de decembro e o 1 de xaneiro, dos cales un 10% corresponderán a Galicia.

A terceira fase terá lugar entre o 3 e 6 de xaneiro, na que a DGT estima que haberá uns 3,3 millóns de desprazamentos nas estradas, un 11 por cento deles en Galicia.

Con motivo dos desprazamentos do período navideño, a DGT advirte de máis dunha ducia de puntos conflitivos na rede viaria de Galicia, a maioría na provincia de A Coruña.

En concreto, prevense por circulación unha ducia de puntos conflitivos nas estradas coruñesas: AC-12 nos accesos á Coruña; AC-11, na entrada á cidade herculina; AG-11 no entroncamento coa N-550 en Padrón; a N-550; N-651; AP-9; A-6; AC-552 na glorieta da Grela; AC-173; AC-543; AG-55 e AC-550.

Tamén por circulación, na provincia de Pontevedra se prevén puntos conflitivos na A-55 e na A-52 no límite das provincias de Ourense e O Porriño. Mentres, na provincia de Ourense Tráfico advirte de puntos conflitivos na N-120, N-525 e OU-540, mentres que na de Lugo sinala que non se prevé ningún por circulación.

 

También te puede interesar