O Concello de As Neves ven de preparar toda unha serie de actividades, para os veciños e visitantes, de cara a estas datas, que abranguen dende música, pasando por xogos, obradoiros, entretenimento e a presenza dunha estrela da canción coa que dará comezo o ‘Nadal Cultural’ no Sol do Condado.
Logo de éxitos das dúas primeriras propostas, a actuación de ‘eurovisiva’ Lucía Pérez, que encheu o Auditorio Municipal o pasado domingo, e de ‘Música, exercicio e saúde para as Festas do Nadal’ xunto co Concerto-Festival d@s Alumn@s da Escola Municipal de Música de As Neves, este xoves, as actividades volven esta fin de semana.
O domingo, día 22, aqueles que tiveron sorte no Sorteo da Lotería, tamén os que non, non poden faltar, as 5 e media da tarde, á cita co ‘Concerto de Panxoliñas’, nas voces de dúas das máis importantes corais de Galicia, a ‘Coral Santa María, de Pazos de Borbén’ e a “Santa María de As Neves’.