Seis mulleres, membros de Ve-la luz, seguirán coa súa folga de fame en Nadal

Seis mulleres, vítimas de violencia de xénero, da Asociación Ve-La Luz continuarán en folga de fame este Nadal para reivindicar as súas demandas baseadas na protección de menores e a protección das vítimas evitando a perpetuación do maltrato a través dos fillos.

Nun comunicado, a asociación lembrou que estes son uns “obxectivos mínimos para garantir o 100%” da protección á muller e ás menores vítimas de violencia de xénero, unha protección que, como denuncia, “non figura entre as prioridades nin de institucións nin dos órganos profesionais de xustiza”.

Ve-la luz critica que o Goberno asegure que lle preocupan “os que van nacer” cando, na actualidade, “miles de menores en Galicia non toman leite e as súas familias se ven imposibilitados polos recortes para cubrir as necesidades máis básicas”.

 

También te puede interesar