Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou na madrugada deste luns ao tripulante dun barco que se atopaba en dificultades na costa de Ribeira logo de que un particular dese a alarma pasadas as 3 e media da mañá do pasado venres. O tripulante lanzou varias bengalas dende a súa posición, fronta á Praia de Touro.
Inmediatamente, o 112 deu aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou á Salvamar Sargadelos e o helicóptero de Salvamento Pesca 1.
Finalmente, foi aquel buque quen rescatou ao tripulante, que non precisou de asistencia médica. A embarcación foi remolcada ata o porto de Ribeira.