No pisará la cárcel
Leer másA CIG alerta de que o Sergas recortará en 400 horas a operatividade dos helicópteros do 061
A CIG-Saúde ven de denunciar que a oferta de contratación do servizo de transporte aéreo medicalizado publicada por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que entrará en vigor en abril de 2014, reducirá a operatividade actual destas aeronaves en 400 horas.
Nunha nota de prensa, o sindicato denunciou o que consideran un “novo recorte na asistencia sanitaria á cidadanía” e criticou que o Goberno galego “confunda eficiencia na xestión dos recursos públicos coa súa redución”.
A CIG lembra que os helicópteros medicalizados de urxencias sanitarias, con base en Santiago e en Ourense, funcionaron, tal e como recolle o contrato actual, durante os últimos “23 anos de orto a ocaso”, durante todas as horas de luz do día.
Non obstante, a nova oferta de contratación do 061-Galicia, que asumiu a xestión ata agora en mans da Axencia Galega de Emerxencias, establece un período de servizo de “orto máis 12 a ocaso máis doce” a repartir entre ambas as dúas aeronaves.
Isto supón que, explica CIG-Saúde, durante o período no que as horas sexan máis de 12, “só estará operativo un dos helicópteros” ao inicio e ao final do día. Segundo os cálculos do sindicato, isto suporá 394 horas menos de operatividade para cada helicóptero ao ano.
“Durante o verán, ás sete da tarde só estará operativo un helicóptero con base en Ourense”, denunciou a CIG, “o que levará consigo que un accidente acontecido, por exemplo, na Costa da Morte a partir desa hora terá o recurso medicalizado máis próximo a máis de 35 minutos, cando na actualidade está a 12 minutos”.
Paralelamente, unha emerxencia “acontecida en O Barco de Valdeorras ás 8 da mañá, terá o helicóptero sanitario a uns 40 minutos de voo, en Santiago, mentres que na actualidade está a 15 minutos”.