Galicia

Prisión sen fianza para o presunto autor da morte da muller de Marín

Veciños de Marín, Santiago e Vigo, están chamados a concentrarse este luns para rexeitar a violencia de xénero tras a morte dunha muller en Marín que, supostamente, foi asasinada pola súa parella o pasado xoves.

A primeira das mobilizacións será ás 11 da mañá diante da Xunta, en Compostela; ás 12 será ante o Concello de Marín; en Vigo, a coordinadora comarcal da Marcha Mundial dás Mulleres convocou outra concentración ás 8 da tarde diante do MARCO.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o detido por este crime, un suxeito de 39 anos, ingresou en prisión, sen fianza, imputado por un delito homicidio -entre outros delitos por determinar-.

O home, que recoñeceu os feitos na súa declaración ante a Policía Nacional pero non ante o xuíz, ten antecedentes por violencia de xénero cunha parella anterior, así como de violencia doméstica.

 

También te puede interesar