Sucesos

Aparece “en perfecto estado” o home desaparecido o sábado logo dun accidente de tráfico

O veciño de Cuntis de 30 anos, desaparecido en tras sufrir un accidente de tráfico co seu coche en Montesalgueiro o sábado de madrugada apareceu nun hotel de A Coruña “en perfecto estado de saúde”, segundo informa o 112, tras a comunicación recibida por parte de axentes da Garda Civil.

O coche deste mozo tivo esta fin de semana un accidente de tráfico ao chocar contra unhas árbores en Aranga, despois de sairse da vía. Non obstante, ninguén se atopaba no vehículo cando foi localizado.

O mediodía deste sábado, a Guardia Civil poñía en contacto co 112 para solicitar a participación do Grupo de Emerxencias supramunicipal (GES) nun operativo de busca. Durante todo o día, axentes das Forzas da Orde e do GES rastrexaron o lugar do sinistro, nas Lagoas de Vilarraso, sen atopar indicios do seu paradoiro.

Tras reactivarse a busca este luns, a Guardia Civil recibiu información sobre a localización do mozo nun hotel de A Coruña, onde, finalmente, foi atopado.

 

También te puede interesar