@s pequen@s de 1-12 anos poden disfrutar, no Auditorio Pazo de Congresos ‘Mar de Vigo’, dende este xoves, día 2, e ate o 8 de xaneiro – agás o día 5 que estará pechado-do Parque Infantil de Nadal do Concello, con diversas actividades para tratar de que @s cativ@s teñan un lugar para poder realizar distintas opcións de ocio e xogos nestas datas.
O parque conta con hinchables, zona de xogos infantís, espazo exterior multiaventuras e circuíto de vehículos máxicos. Ademais, os menores tamén poderán participar en talleres de música, danza, periodismo, instrumentos musicais, reciclaxe e papiroflexia; e o prezo por sesión será 1 €.
Ademáis, neste espazo estará presente o Carteiro Real, e @s nen@s poderán gozar dos espectáculos ‘Monicreque de Kukas’, ‘Xan Perillán e a maleta máxica’ e ‘Contos do vento acatarrado’. Igualmente, por 5 €, as familias poderán acudir ao concerto de María Fumaça, que será o próximo día 4 de xaneiro, ás 6 e media da tarde.