A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui e Baixomiño, convoca este venres, día 3 unha sentada diante do Concello (11 e media da mañá) para esixir ao alcalde que “cumpra a súa palabra de non consentir nin un so desafiuzamento na cidade” e poña unha vivenda para Analía Méndez e a súas dúas fillas de 10 e 15 anos.
O pasado día 30 ducias de personas acompañaron a Analía na rúa Pizarro logo de que teña que deixar o piso por non poder pagar o aluguer. Agora a PAH pregúntase “onde está a axuda para esta familia?” e subliña que o alcalde “cala e non da unha solución”.
Por elo, indican, farán unha sentada na porta do Concello “ate que Abel Callero nos reciba e nos dé unha solución para que Analía e a súas fillas non acaben na rúa, algo que non podería xustificar tengo en conta que hai máis de 40 pisos de propiedade municipal que están valeiros”.