‘Salseiro’, unha cría de lobo mariño, leva dous días nas instalacións de recuperación da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), o seu pronóstico é aínda reservado mais “vai evolucionando lenta pero positivamente”, como informa a coordinadora no seu muro de Facebook. Este macho de Halichoerus grypus, varou, por mor do temporal, no medio de ondas enormes que o esmagaron literalmente contra as rochas.
Como puido, fuxiu do mar e subiu pola praia ata a estrada. A Unidade Móbil CEMMA-Norte actuou con premura recolléndoo e levándoo para a Unidade de Coidados Intensivos do Museo da natureza-SGHN de Ferrol.