Vigo al minuto

Haberá un bono de Vitrasa para parados de longa duración

Así o decidiu o Pleno do Concello, este mércores, a proposta do BNG. O novo bono de Vitrasa beneficiará ás persoas desempregadas de longa duración con ingresos inferiores ao salario mínimo interprofesional ou sen ningún tipo de ingresos.

“É un servizo básico que queda fóra do alcance de moitas persoas pola decisión moi pouco afortunada de subir en oito céntimos o billete ordinario”, sinalou o Bloque Nacionalista Galego, que tamén criticou que o transporte público de Vigo é “deficitario e non presta o servizo que necesita a cidade, con liñas que non son adecuadas e que, enriba, este ano sobe o prezo”.

Pola súa banda, o Partido Popular pediu engadir unha emenda para que o bono sexa de carácter universal e non só para empadroados.Non estamos a favor de que se tomen medidas que non favorezan aos cidadáns que fan vida e gastos na cidade, aínda que si que favoreza aos que viven e traballan en Vigo, pero non desta forma”, indicou.

Por outro lado, a Corporación aprobou -con 15 votos a favor, de PP e BNG, e 10 en contra, do PSOE- instar o Goberno local a que presente no prazo dun mes unha proposta de presuposto para o ano 2014.

A oposición indicou que se trata dun “documento indispensable” e denunciou que os socialistas “non queren traer o presuposto ao Pleno para evitar a intervención dos grupos e dos cidadáns” o que é “unha tomadura de pelo aos vigueses”.

Pola súa banda, o grupo socialista, ao tratarse dunha  reiterou o declarado polo alcalde, que o goberno local publicará os orzamentos  “cando toque, cando considere que é o momento axeitado”.

 

You may also like