Galicia

Este sábado, nubes e claros

Galicia continuará este sábado nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, á espera da chegada dunha fronte durante o domingo. Así, esperan ceos con intervalos de nubes e claros, con máis nubes no Oeste e Norte.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, o vento soprará frouxo de compoñente Leste pola mañá, rolando a Sur pola tarde e tendendo a aumentar a moderados, con intervalos fortes nas últimas horas da xornada.

Pola súa banda, as temperaturas continuarán sen cambios significativos. Deste modo, por cidades, as máximas ascenderán ata os 16 graos en Ourense, 15 en Pontevedra e Vigo (cunha mínima de 8º) mentres que as mínimas descenderán ata os 6 graos da capital ourensana.

 

También te puede interesar