É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs danos, estimados, causados polos temporais, superan 1.200.000 €
Portos de Galicia cifrou en máis de 1,2 millóns de euros os danos causados polos temporais que afectaron ao litoral galego as pasadas semanas. Esta primeira estimación é o resultado da avaliación realizada polos técnicos deste ente público que, xunto co presidente do mesmo, visitaron ao longo desta semana as zonas máis afectadas polos temporais de chuvia, vento e mar de fondo.
As cifras das que dispón Portos de Galicia son estimacións baseadas nas inspeccións oculares dos técnicos, dado que en moitos dos casos, as condicións climatolóxicas non permiten ata o momento outro tipo de análise.
Esta cantidade refírese a reparacións de instalacións de uso portuario cotián e non ás estruturas fixas dos portos, como diques ou espaldones, que requiren dun estudio en profundidade e nalgúns casos da presenza de mergulladores, que non foi posible ata o momento debido ao estado do mar.
Nas zonas nas que o tempo permitiu concretar xa os danos ocasionados e comezar coas reparacións, as empresas contratadas por Portos de Galicia para tal fin atópase xa traballando.
Así mesmo, retiráronse os restos de elementos afectados que supoñen risco para os usuarios do porto e balizáronse as zonas perigosas. Nos próximos días e na medida en que melloren as condicións climatolóxicas, o ente público espera que poidan iniciarse os traballos na totalidade dos peiraos danados.