Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másPreto do 60% das familias chega con dificultade ou moita dificultade a fin de mes
Exactamente, o 59,65% cento dos fogares galegos manifesta chegar co fin de mes con dificultade ou moita dificultade, de acordo cos resultados da Enquisa Coxuntural aos Fogares correspondente ao cuarto trimestre de 2013 que difundiu este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Os fogares que manifestan ter moitas dificultades para chegar co fin de mes son o 15,03%, unha cifra que cae respecto á do último trimestre de 2012 -eran o 17,26%- pero que repunta en relación ao trimestre anterior, cando eran o 9,17%.
Pola súa banda, din ter dificultades o 44,62%, unha cifra similar á de hai un ano –cando era o 44,11% -, aínda que inferior á do terceiro trimestre de 2013 , cando era do 46,38%-. Deste modo, a suma dos que manifestan ter dificultades ou moitas dificultades situouse ao peche de 2013 en case o 60%, unha porcentaxe superior ao botado por esa mesma suma no terceiro trimestre, que era do 55,55%. No último trimestre de 2012, o conxunto alcanzaba o 61,37%.
En cambio, o 40,35% dos fogares galegos chegan con facilidade a fin de mes, segundo a última enquisa, unha porcentaxe que aumenta en relación ao último trimestre de 2012, cando dicían estar nesta situación o 38,63%.
A enquisa amosa que o 31,69% das familias galegas non se permitiron ningún extra nos tres últimos meses. A cifra é un punto superior á do trimestre anterior, pero similar á de hai un ano, ademais, o 4,8% manifesta que se atrasou no pagamento dalgún recibo obrigatorio nos últimos tres meses, unha porcentaxe que caeu respecto ao 8,82% que dicía estar nesta situación un ano antes.