Varias rúas pecharán ao tráfico dende hoxe por períodos que varían dun día a tres meses, segundo informan as concellerías de Vías e Obras e Tráfico, son as seguntes: Por mor das obras de humanización, a metade da rúa Cañiza estará pechada hoxe ás 10:00 horas, e por un período aproximado de oito semanas.
Redúcense o número de carrís na rúa Regueiro, entre Álvaro Cunqueiro e Gran Vía, dende o martes, ás 10:00 horas e durante tres meses. Péchase ao tráfico a rúa Tarragona, treitos entre Barcelona e Zamora, e entre Zamora e Gran Vía, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes ás 10:00 horas e perante tres meses. Os desvíos establécense pola rúa Hispanidade.
Por mor das obras de canalización de gas, péchase unha semán a rúa Real con Ribeira do Berbés, con acceso exclusivo para garaxes, dende este luns ás 10:00 horas. Córtase a circulación dous días na rúa Mantelas , entre Gran Vía e Riobo, dende hoxe ás 10.