Así é posto que, como adiantou o seu alcalde o pregoeiro da XLVI edición da famosa feira- que se celebra o domingo 23 de febreiro- vai ser o ex ministro e comunicador científico Eduard Punset.
José Crespo salientou que trátase dun pregoeiro “de grande nivel” que coñece o concello xa que estivo nel na primeira edición da Feira do Libro en 2007.
Ademáis de a edición máis científica, este ano será a Feira do Cocido máis náutica xa que, como informou o alcalde,vaise presentar en Cangas a bordo dun barco, logo de ultimar as xestións co alcalde do concello do Morrazo, José Enrique Sotelo.