Vigo al minuto

O xulgado ordena ao Concello que pague máis de 400.000 € polo aluguer do ‘Edificio Asefal’

Edificio Asefal/Tresyuno Comunicación

O Concello terá que pagar 400.000 € á compañía de seguros ‘La Fe’, polo alugueiro do ‘Edificio Asefal’, dacordo coa orde dictada o pasado día 8 deste mes polo xulgado que obriga á execución provisional da sentencia de xullo do ano pasado que da a razón á compañía aseguradora.

A devandita compañía presentara unha demanda contra o concello polo impago do aluguer dende xaneiro de 2011 a xuño de 2012, tal e como sinala a sentenza de hay seis meses- que foi recorrida polo Concello ante a Audiencia Provincial.

Agora o xulgado insta a que se execute parte da mesma e que ‘La Fe’ reciba 414.000 € en concepto de rendas impagadas e intereses ordinarios, máis outros 6.000 € en por intereses e custos da execución.

Segundo indicou este martes o grupo municipal do Partido Popular, os servizos xurídicos do Concello emitiron un informe dirixido á Xunta de Goberno Local, no que afirman que “debe procederse pola Intervención-Tesouraría Municipal” ao pagamento desa cantidade, así como á entrega dun certificado de bens municipais, que tamén reclama o xulgado, co fin de proceder en caso de non pagamento ao embargo deses bens, dado que contra o auto de execución “non cabe recurso algún”.

En xullo de 2012, a compañía de seguros presentou unha demanda por non pagamento contra o Concello de Vigo, aducindo que non percibira as rendas correspondentes ao período entre xaneiro de 2011 e xuño de 2012. No proceso xudicial, a administración local alegou que comunicara a propietaria do inmoble a súa intención de rescindir o contrato e deixar o edificio a partir de xaneiro de 2011.

Ainda así, a xuíz considera que o contrato seguiu en vigor porque, se ben o Concello comunicou a súa intención de deixalo e entregar as chaves, a realidade foi que varias entidades- como a  Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, Faimevi; o Instituto de Estudios Vigueses e a Fundación Carlos Casares seguiron tendo a súa sede no Edificio Asefal.

Mesmo o Concello alegou que esas institucións facían uso do edificio sen o seu consentimento e que a demanda debía dirixirse contra elas, pero a xuíz considerou que a administración local seguía sendo a arrendataria. Tampouco aceptou a maxistrada a proposta municipal de pagar solo polos espazos que ocupaban estes tres organismos -un aluguer de 100.000 €-, xa que o contrato se fixera para todo o edificio.

 

También te puede interesar