Vigo al minuto

O Pleno do Concello aproba o gasto do superávit cos votos de PSOE e PP e a abstención do Bloque

O pleno do Concello, que se reuniu este xoves para discutir so a a modificación presupostaria que permitirá investir case 6 millóns de euros do superávit correspondente ao ano 2012, aprobou, cos votos de PSOE e PP e a abstención do BNG, destinar a debandita cantidade á reforma no estadio de Balaídos, obras en varias parroquias, actuacións noutras instalacións deportivas, ou melloras na accesibilidade dos colexios públicos da cidade.

A tenente de alcalde, Carmela Silva, quen presentou o plan de investimentos do goberno local, e subliñou que esta medida é posible grazas á boa xestión económica do equipo de Caballero. «Temos unha contas públicas saneadas e, sobre todo, controladas», recalcou, e engadiu que, grazas a que Vigo «cumpre como ningún outro concello» os requisitos que prevé a lei, se poderán facer eses investimentos.

Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Popular deu o seu voto favorable á modificación presupostaria «por coherencia e responsabilidade, porque as actuacións previstas son obras necesarias e recollen algunhas das propostas» que fixeron os populares. Iso sí, logo de anunciar o seu voto favorable, o concelleiro Miguel Fidalgo, dixo que este plan de investimentos é un «parche ante a nefasta xestión do alcalde” quen, sinalou, “aínda non presentou os orzamentos de 2014, que é o que Vigo necesita».

A voceira do BNG xustificou a abstención do seu grupo alegando que os investimentos previstos con ese superávit non abondan, “o que teriamos que estar a aprobar é os presupostos de 2014, porque hai necesidades dos cidadáns que van máis alá deses investimentos», asegurou.

Iolanda Veloso criticou que o goberno local non se esforce en achegar os recursos públicos ás persoas que máis o necesitan, e criticou que o alcalde non quera nin discutir de que os parados de longa duración teñan un bonobús gratuíto. «Aquí apróbanse subvencións a billetes de avión, pero non de autobús«, concluiu…iso sí, sen votar en contra.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.