Galicia

Lembran a Javier López, Rodrígo Maseda e José Antonio Villamor, os policías mortos en Orzán hai dous anos

Hai dous anos, tres policías nacionais, Javier López de 38 anos, natural de A Coruña, Rodrigo Maseda de 35, de Burela, e José Antonio Villamor, natural do concello lucense de Foz de 34, perdían a vida ao intentar rescatar da auga un estudante eslovaco na praia coruñesa do Orzán.

Tomas Velicky, de 23 anos, que estaba de festa cuns amigos, meteuse no mar de madrugada e non era capaz de regresar á beira polos seus propios medios, debido á forte ondada que se rexistraba na zona, con ondas de ata catro metros. Tras ser alertada a Policía, dous axentes acudiron na súa axuda e tamén foron arrastrados pola corrente. O terceiro policía lanzouse á auga despois, para tratar de salvar os seus compañeiros.

O corpo deste último foi localizado ás catro horas, preto do lugar onde se produciu o suceso, mentres que os seus compañeiros estiveron desaparecidos durante unha semana, na que se puxo en marcha un amplo despregamento de busca por terra e aire. Aos sete días, os corpos foron devoltos polo mar ata as praias do Orzán e Riazor.

Este domingo, a conta de Twitter de la Policía recordou os tres axentes, coñecidos como ‘os heroes do Orzán’, destacando a súa “xenerosidade, sacrificio, valentía e vocación de servizo”.

Tras a súa morte, aos axentes concedéuselles a Medalla de Ouro a título póstumo do Ministerio do Interior, a Medalla de Ouro de Galicia, que lles outorgou a Xunta e a Orde ao Mérito Policial, que concede a Policía Nacional. Ademais, o Concello de A Coruña homenaxeoulles en diversos actos e dedicoulles unha escultura no paseo marítimo da cidade.

 

También te puede interesar