Desaparece un percebeiro de 34 anos

Un percebeiro de 34 nos de idade, veciño do concello lucense de Ribadeo, desapareceu este domingo logo de sair a traballar. Segundo fontes de Salvamento, a súa irma chamou aos servizos de Emerxencia preto das 5 da tarde e, axiña, activouse o dispositivo de pescuda.

O home saiu a faenar ás 2 da mañá e tiña que voltar ao mediodía, pero non se soubo máis del. A irmá indicou que debía estar na zona das Catedrais, sen indicar un lugar concreto.

Por iso saiu o helicóptero Pesca 2, con base en Celeiro; a embarcación Salvamar Alioth, con base en Burela, o avión Sasemar 102 e os Bombeiros de Castropol, entre outros medios.

 

También te puede interesar