Vigo al minuto

Manifestación contra o copagamento dos medicamentos nos hospitais, este luns

Plataformas galegas de defensa da sanidade fixeron este sábado un chamamento á poboación a manifestarse este luns, día 27 – ás 11 e media da mañá– contra o «cruel copagamento” dos medicamentos da farmacia hospitalaria, que retiran os enfermos crónicos.

A través dun comunicado, a Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade e SOS Sanidade Pública apelan a concentrarse ante os hospitais de Monforte de Lemos, A Coruña, Ferrol, Santiago, Cee, Ribeira, Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Verín.

Esta medida, como explicaron, ten por obxectivo demandar á Xunta que «recapacite e se negue» a aplicar este copagamento, ao igual que fixeron boa parte das autonomías mesmo «gobernadas polo PP«, incluída a que lidera a secretaria xeral deste partido, María Dolores de Cospedal.

«Esiximos á Xunta que recapacite e non aplique esta medida, que prexudica gravemente aos colectivos afectados pola enfermidade e que, en moitos casos, non poderán facer fronte aos pagamentos pola súa vulnerabilidade económica e social», indicaron.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.